DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de corta de masa forestal para cambio de funcionalidade en varias parcelas na parroquia de Muradelle, no concello de Chantada (Lugo) (expediente 2023/0104).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 23 de maio de 2024 do proxecto de corta de masa forestal para cambio de funcionalidade en varias parcelas na parroquia de Muradelle, no concello de Chantada (Lugo) promovido por José Areán Areán.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade