DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo por cesamento.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pola Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 62/2024, do 22 de abril (DOG núm. 81, do 24 de abril), Jesús Oitavén Barcala cesou no cargo de director xeral de Simplificación Administrativa, e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara ao seu cesamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Titular do cargo: Jesús Oitavén Barcala.

Cargo público orixe da declaración: director xeral de Simplificación Administrativa.

Motivo: cesamento.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 183.665,17.

2. Valor total doutros bens: 81.236,29.

3. Total: 264.901,46.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 0.