DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34751

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 31 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de abril de 2023 (DOG núm. 82, do 28 de abril), modificada pola Resolución do 8 de maio de 2023 (DOG núm. 93, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.5 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través do Fides na epígrafe de inscrición en procesos selectivos. Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», presentación de alegacións ao baremo.

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto sexto da Resolución do 7 de febreiro de 2024 (DOG núm. 31, do 13 de febreiro), as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditaren os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Para os efectos informativos e para as alegacións á experiencia, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta publícase un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da devandita Resolución do 5 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

Natalia Crespo González
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Experiencia profesional II.2.2.1

Experiencia profesional II.2.2.2

Total experiencia profesional

Formación
II.2.2.3

Total puntuación

***3464**

Chantada Adán, Paula

6,40

8,88

15,28

5,00

20,28

***8569**

Cerviño Álvarez, Raúl

0,40

0,40

0,80

0

0,80

***1343**

Pazos Capeáns, Paula

 0

0

0

 0

0,00

***5801**

Rodríguez Álvarez, Amiel Amaro

 0

1,60

1,60

 0

1,60

***6578**

Velo Cid, Mónica

 0

18,48

18,48

2,15

20,63