DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34755

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 29 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.5 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública, deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria e deberá especificar a liña ou as liñas da base II.2 sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

Cristina Rubal González
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Nome

Apelido 1

Apelido 2

Antigüidade
II.2.a)

Traballo

desenvolvido
II.2.b)

Formación
II.2.c)

Grao

coñecemento idioma galego II.2.d)

Exercicio dereitos conciliación II.2.c)

Total

***3123**

Noelia

Bascuas

Ferreiro

19,68

0,546

6,00

3,00

0

29,226

***3406**

Lorenzo

Romero

Castro

12,12

0,539

0,26

0

0,20

13,119