DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica a imposición da cuarta multa coercitiva do expediente sancionador MON-LU-0067/2022-IO.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 23 de maio de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0067/2022-IO.

NIF interesado/a: 33318902K.

Acto notificado: imposición de cuarta multa coercitiva.