De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ignorándose o lugar da notificación, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 23 de maio de 2024
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: MON-LU-0104/2019- CSA.
NIF Interesado/a: 44491536Z.
Acto notificado: imposición da cuarta multa coercitiva.