DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de inicio de expediente sancionador ES-OU-01/2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 23 de maio de 2024

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 21.5.2024)
María Ángeles Mosqueira Vidal
Xefa do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

ES-OU-01/2024

34580706E

Acordo de inicio de procedemento sancionador.