DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, de información pública sobre a cesión de uso de espazos na Cidade das TIC para a creación do Centro de Produción Audiovisual Avanzada.

Mediante a Resolución do 31 de maio de 2024 resolveuse iniciar o procedemento de cesión de uso de espazos na Cidade das TIC para a creación do Centro de Produción Audiovisual Avanzada, por petición da entidade mercantil Pedralonga Estudios, S.L.

Para os efectos do recollido no artigo 96.4 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, ábrese un prazo de 30 días durante o cal poderán presentarse solicitudes alternativas por parte das persoas interesadas.

A información estará dispoñible na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, 9, 150001 A Coruña). As persoas interesadas en consultala deberán concertar unha cita chamando ao teléfono 881 01 11 61 (das 9.00 ás 14.00 horas) ou enviando un correo electrónico a secretaria.xeral@udc.gal

A Coruña, 31 de maio de 2024

Marta María García Pérez
Secretaria xeral da Universidade da Coruña