DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34198

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

ORDE do 30 de maio de 2024 pola que se nomea director territorial na provincia de Pontevedra a José Manuel González González.

En virtude do establecido no artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 11.5 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, e atendendo aos criterios establecidos na normativa citada,

Nomeo director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na provincia de Pontevedra a José Manuel González González.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas