DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada, por comparecencia, no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0018/2024-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, é emprazada a persoa interesada, para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo, ditado en relación ao procedemento sancionador, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG nº 194, do 11 de outubro, e BOE nº 263, do 30 de outubro), lle é notificado á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 23 de maio de 2024

Cristina Carrión Rodríguez
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANI-CO-0018/2024-V

32844508W

Acordo de inicio