DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a de Ingresos e Xestión Catastral Delegada.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 94, do 14 de maio de 2024, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a de Ingresos e Xestión Catastral Delegada.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 14 de maio de 2024

O alcalde
P.D. (resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación

P.D. (resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal