DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 15 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS626F (expediente 15017000124R e nove máis) e BS618D (expediente 15058004223E e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta dirección territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 15 de maio de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Nº expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15017000124R

46895577A

Requirimento de emenda da solicitude

16.4.2024

15030003324R

Y7669407W

Requirimento de emenda da solicitude

15.3.2024

15058000924R

Y9964104N

Requirimento de emenda da solicitude

23.4.2024

15006000124R

78786153K

Requirimento de emenda da solicitude

17.4.2024

15030076323R

Z0289773R

Requirimento de emenda da solicitude

18.4.2024

15036002324R

32737556T

Requirimento de emenda da solicitude

19.4.2024

15036001624R

32663902S

Requirimento de emenda da solicitude

1.4.2024

15078001724R

X9510610H

Requirimento de emenda da solicitude

4.4.2024

15078001824R

Z0519365F

Requirimento de emenda da solicitude

22.4.2024

15078000624R

Z0803461F

Requirimento de emenda da solicitude

27.3.2024

ANEXO II

Procedemento BS618D

Nº expediente

DNI/NIE/ID

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15058004223E

I20012306

Requirimento de emenda da solicitude

18.3.2024

15078007024E

I20012690

Requirimento de emenda da solicitude

10.4.2024