DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en expedientes sancionadores en materia de protección e benestar de animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0017/2024-V e outro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, son emprazadas as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11 de outubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 23 de maio de 2024

Cristina Carrión Rodríguez
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada DNI/NIF/NIE

Acto

ANI-CO-0017/2024-V

34297667K

Acordo de inicio

ANP-CO-0009/2024-V

45908106Z

Acordo de inicio