DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de maio de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Arcade en superficie e da totalidade do edificio federación confrarías, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de prestación de servizos (expediente 13-24-23-C1).

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Arcade en superficie e da totalidade do edificio federación de confrarías, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de prestación de servizos.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 11 de maio de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia