DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de maio de 2024 polo que se notifica o traslado da orde de demolición recaída no expediente de reposición da legalidade PON/126/2015-RP1.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 14 de decembro de 2023, resolve dar traslado do ordenado polo director da APLU na Resolución do 14 de decembro de 2017 no expediente PON/126/2015-RP1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución aos interesado con documento nacional de identidade 137205223 e 13720511, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito traslado por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos destinatarios, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística