DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación do traslado das follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Teo (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Teo (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo que se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 18 23 78 e 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Unha vez transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Lousame-Tivo.

Concello: Teo.

Predio

Lugar

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

81

Agro do Foxo

105

714

Ramón Seage Prada

87

Fontiña da Devesa

105

704

María Alfonso Beis

122-37

Estivada Negra

105

1155

Manuel Goldar Tourís