DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 22 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de conservación da natureza en Galicia CON-CO-0002/2024-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación co procedemento sancionador en materia de conservación da natureza sonlle notificados á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede desta dirección territorial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo, sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 22 de maio de 2024

Cristina Carrión Rodríguez
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada
DNI/NIF/NIE

Acto de notificación

CON-CO-0002/2024-V

15229801Y

Acordo de inicio