Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 39, do 25 de febreiro); e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 3 de maio de 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a nova persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución e adxudicarlle como destino provisional, segundo o disposto na base IV.6, o que figura no mesmo anexo.
Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil na data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Adscr. |
Nivel |
Observ. |
302 |
***3025** |
Serrano Eiroa, Mónica |
106 |
PSC994080036560128 |
Auxiliar de clínica |
PS |
Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo) |
Servizos periféricos |
Vigo |
C2 |
15 |
Horario especial |