DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de maio de 2024 pola que se notifica acta de recuperación do departamento número 2 da lonxa de Muros (A Coruña) e se ordena a retirada do material que se atopa no seu interior.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L., que baixo o amparo e autorización outorgado polo Auto número 50/2024, emitido o 5 de abril de 2024 polo Xulgado do Contencioso número 4 da Coruña no procedemento de referencia, que autoriza a entrada no departamento nº 2 sito na lonxa do porto de Muros co obxecto de executar a resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 16 de maio de 2023, que dá por finalizado o procedemento administrativo de desafiuzamento de dito departamento, que a recuperación efectiva do inmoble se levou a cabo o día 11 de abril de 2024.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No cumprimento da resolución da Presidencia do 16 de maio de 2023, ordénase a Peixes e Mariscos Recho, S.L. que nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación desta cédula, retire todo o material da súa propiedade que se atopa no interior do local.

Para retirar o dito material deberán de contactar previamente coas oficinas do porto de Muros, para que o persoal de Portos de Galicia lles facilite o acceso ao local e levante a oportuna acta.

En caso de incumprimento, Portos de Galicia executará a retirada do dito material de maneira forzosa pola súa conta, polo que lles pasará, de ser o caso, o custo que implique a dita actuación.

Ao considerar, por outra parte, o pésimo estado de conservación do material que consta inventariado en acta o seu nulo ou escaso valor, de efectuar a retirada de maneira forzosa, Portos de Galicia levará o material a vertedoiro autorizado.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia