DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle nas parcelas Z4-R1L, Z4-R5P, Z4-R11LA e Z4-R11LB do ámbito SURT1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2023/237).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 15.5.2024, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle nas parcelas Z4-R1L, Z4-R5P, Z4-R11LA e Z4-R11LB do ámbito SURT1 San Pedro de Visma (sector 2). Novembro 2023, promovido por Visma Homes, S.A. e redactado por Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados, S.L.P., cos números de colexiados 2391 e 3307 respectivamente, que debe completarse coas emendas sinaladas no informe municipal do 10.5.2024, de cara á aprobación definitiva do documento.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente á información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe de exposición pública, e no visor Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas.

A Coruña, 27 de maio de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana