DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33490

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 8 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (códigos de procedemento TR807K e TR807L).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 8 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024 (códigos de procedemento TR807K e TR807L).

Obxecto da axuda: desenvolvemento de plans de formación por parte das organizacións sindicais e asociacións empresariais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia e dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva:

Na liña 1: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a negociación colectiva promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.a) da orde de convocatoria.

Na liña 2: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.b) da orde de convocatoria.

Norma reguladora: Orde do 8 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 30 de xaneiro).

Crédito orzamentario: 584.213,00 € (cincocentos oitenta e catro mil douscentos trece euros) recollido na aplicación 13.40.324A.481.2, código de proxecto 2020 0013 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024:

a) 70 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento dos plans de formación da liña 1: 408.949,10 euros.

b) 30 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación da liña 2: 175.263,90 euros.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Beneficiarias liña 1

Número de

expediente

Entidade

NIF

Importe total

TR807K 2024-01

UGT Galicia

G15383011

68.158,18 €

TR807K 2024-02

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

64.320,00 €

TR807K 2024-03

Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF)

G79514378

67.930,00 €

TR807K 2024-04

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

204.474,55 €

Total

404.882,73 €

Beneficiarias liña 2

Número de

expediente

Entidade

NIF

Importe total

TR807L 2024-01

Fesmc UGT Galicia

G87589909

15.000,00 €

TR807L 2024-02

Sindicato Fetico-Galicia

G15312424

14.980,20 €

TR807L 2024-03

UGT-Fica Galicia

G87582524

15.000,00 €

TR807L 2023-04

UGT-Servizos Públicos

G78085149

14.562,00 €

TR807L 2024-05

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

14.660,00 €

TR807L 2024-06

Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF)

G79514378

14.940,00 €

Total

89.142,20 €