DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, da solicitude da documentación correspondente ao expediente SAI BT (actas) 2023/35.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, A Coruña, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 21 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

NIF

Expediente

Acto que se notifica

H15950736

SAI BT (actas) 2023/35

Solicitude de documentación correspondente ao expediente SAI BT (actas) 2023/35