DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2024/4397-1 e catro máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 10 de maio de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial de A Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A.

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/4397-1

79314186C

Requirimento da emenda da solicitude

14.3.2024

2024/5554-1

79311246R

Requirimento da emenda da solicitude

22.3.2024

2024/6320-1

Arana Marín, Havín

Requirimento da emenda da solicitude

1.4.2024

2024/6882-1

35656682N

Requirimento da emenda da solicitude

4.4.2024

S/N

X6668056B

Requirimento da emenda da solicitude

4.4.2024