DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2023/6878-1 e un máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderase interpoñer a demanda ante a xurisdición social no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 10 de maio de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

2023/6878-1

32566158K

Desestimación da reclamación

22.3.2024

2023/6999-1

78793237K

Desestimación da reclamación

15.3.2024