DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33390

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 22 de maio de 2024 pola que se dispón a renovación dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Concello de Pontevedra,

DISPOÑO:

A renovación de Miguel Anxo Fernández Lores como vogal representante do Concello de Pontevedra no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar