DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33368

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión do posto de xefa/e de participación cidadá e desenvolvemento local, mediante o sistema de concurso específico.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 72, do 12 de abril de 2024, publicáronse as bases reitoras do concurso específico para a provisión do posto de xefa/e de participación cidadá e desenvolvemento local.

Consonte o establecido na base segunda, o prazo de presentación de solicitudes será de (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A resolución da convocatoria publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na epígrafe de emprego da sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 12 de abril de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución Alcaldía 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución Alcaldía 28.6.2023 e Acordo 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal