DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2024.

Con data do 19 de marzo de 2024, mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, aprobouse a oferta de emprego pública ordinaria para o ano 2024, que consta das seguintes prazas:

OPE ordinaria 2024: prazas de persoal laboral.

Nº de prazas

Grupo

Categoría/praza

Quenda

01

4

Limpador/a

Libre

* A praza de limpador/a proponse ofertala por reserva de minusvalidez e poderíase acumular á quenda libre no suposto de que non se cubra por esta reserva.

OPE ordinaria 2024: prazas de persoal funcionario.

Nº de prazas

Escala

Subescala

Grupo

Categoría/praza

Quenda

01

Administración especial

Técnica

C1

Técnico/a deportes

Libre

01

Administración especial

Servizos especiais

C1

Policía local

Libre

01

Administración xeral

Administrativa

C1

Administrativo/a

Libre

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.

Ponteareas, 22 de marzo de 2024

Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa