DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC, no concello do Grove.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC, no concello do Grove, segundo o calendario o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 20 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/275-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC.

Concello: O Grove.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36022A009001530000EZ

Senra

Jacobo Garrido

27 de xuño de 2024

12.00