DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade ao informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 15 do Plan xeral de ordenación municipal, no concello de Oleiros (expediente 2024AAE2872).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 15 de maio de 2024 sobre a modificación puntual número 15 do Plan xeral de ordenación municipal, no concello de Oleiros.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2872).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade