DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0007/2024-LSA e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Territorial do Medio Rural, sito na rúa María Victoria Moreno número 43, edificio administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 20 de maio de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

INC-PO-0007/2024-LSA

Y5048631F

Proposta de resolución

INC-PO-0014/2024-LSA

76815852S

Incoación de expediente