DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32994

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 6 de maio de 2024, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do convenio urbanístico de execucion de planeamento entre a Xerencia Municipal de Urbanismo e Promociones Domingo Fernández, S.L. (expediente 5309/401).

Finalizado o prazo de información pública do convenio urbanístico de execución de planeamento, entre a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo e a mercantil Promociones Domingo Fernández, S.L., para a ordenación e a urbanización conxunta da API do espazo de cesión e do espazo público vinculado á licenza do edificio sito na rúa Urzáiz, 136-138, ao non presentarse ningún escrito de alegación, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria do día 19 de abril de 2024, acordou entender definitivamente aprobado (ratificado) o texto definitivo do convenio.

De conformidade co disposto no artigo 402.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, unha vez ratificado o texto definitivo do convenio polo órgano competente, procedeuse á súa sinatura o día 2 de maio de 2024.

Na seguinte ligazón, na epígrafe de convenios urbanísticos, poderá consultarse o texto íntegro do convenio asinado, xunto co seu acordo de aprobación:

https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal

Vigo, 6 de maio de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda