DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 7 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2022/225-1).

Unha vez outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol en LMT SMC716 apoio AIMCUHRJ//D18-1, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2022/225-1), mediante a resolución desta dirección territorial do 21 de marzo de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 1 de agosto de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación. Nelas describiranse os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Oleiros, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 4.5.2023, no BOP do 18.4.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 1.5.2023. Ao acto deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará a notificación individual e nela sinalaránselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre ao predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 7 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña