DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32725

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Co obxecto de ampliar a oferta de ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024/25 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Formación Profesional resolve anunciar:

Primeiro

Que na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional www.edu.xunta.gal estará dispoñible a regulación e a convocatoria dirixida aos centros para participar nas ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024/25.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 28 de xuño de 2024.

Terceiro

Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional