DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Boimorto (expediente DH.A15.94634).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Luis García Peteiro.

DNI: ***9102**.

Expediente: DH.A15.94634.

Volume total anual: 1.250 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,20 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Entrada de Barcia.

Parroquia: Arceo.

Concello: Boimorto.

Descrición do aproveitamento:

Cáptase auga dun manancial duns 1,5 m de fondo mediante aros de formigón na parcela de referencia catastral 15010A507002440000JP e condúcese a auga por gravidade atravesando a parcela en dirección noroeste ata a pista, para continuar ao longo desta ata a arqueta de onde se desvía para a parcela que se vai regar 15010A50700606.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo 15704, Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro