DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o plan de restauración e o proxecto de explotación presentados xunto coa solicitude de prórroga da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) denominada La Ilusión Fracción 1ª número 5356.1.1, situada nos concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o plan de restauración e o proxecto de explotación presentados por Pizarras de Villarbacú, S.L. xunto coa solicitude de prórroga da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) denominada La Ilusión Fracción 1ª número 5356.1.1, situada nos concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración e o proxecto de explotación están dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/
transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 30 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo