DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32494

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

En virtude das competencias que me corresponden de acordo co artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Facer público o Acordo do 13 de maio de 2024, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

«Acordo do 13 de maio de 2024, da Comisión de Goberno do Consello de
Contas de Galicia, pola que se resolve a convocatoria para a provisión,
polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 56, do 19 de marzo de 2024, a Comisión de Goberno da Institución, na súa reunión do 13 de maio de 2024, no uso das facultades conferidas polo artigo 9.2.c) da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas,

ACORDOU:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo deste acordo, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto. Contra este acordo, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o Pleno do Consello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contra a resolución do recurso de alzada, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

ANEXO

Apelidos e nome: González Acevedo, Juan José.

DNI: ***1603**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior, escala de finanzas da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Interventor.

Código do posto: CC.F02.01.01.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.