DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32479

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342A).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342A, Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 30 de maio).

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

TR342A 2023 Emprego con apoio

Entidade beneficiaria

NIF

Concedido (2023)

Aplicación orzamentaria

Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo

G15048762

33.967,71 €

11.30.322C.481.9

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia

G15545353

12.365,76 €

11.30.322C.481.9

Asociación Down Ourense

G32311870

31.844,73 €

11.30.322C.481.9

Down Pontevedra Xuntos Asociación Síndrome de Down

G36164887

14.359,01 €

11.30.322C.481.9

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

6.046,54 €

11.30.322C.481.9

Lume Emprego para Persoas con Discapacidade Intelectual, S.L.

B36982742

25.820,29 €

11.30.322C.470.9

Fundación Down Compostela

G70040258

29.823,36 €

11.30.322C.481.9

Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

103.839,44 €

11.30.322C.481.9