DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2010/010-1, no concello de Mazaricos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico A Ruña II, no concello de Mazaricos (expediente IN661A 2010/010-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais do dito concello segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, sen prexuízo de acudir aos predios se as persoas interesadas así o solicitan.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 15 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2010/010-1.

Entidade beneficiaria: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico A Ruña, II.

Concello: Mazaricos.

Predio

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Data

Hora

6b-32

32

12

María Fernández Lado e outros

23.7.2024

11.35