DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32450

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos en materia de política social e igualdade no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos en materia de política social e igualdade durante o primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

ANEXO

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2024

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Xuventude a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela.

A inclusión no réxime xeral da Seguridade Social do estudantado que realice prácticas académicas externas.

22.2.2024

Sen custo

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Xuventude a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

A inclusión no réxime xeral da Seguridade Social do estudantado que realice prácticas académicas externas.

5.3.2024

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a instrumentación da axuda económica ás familias a través da tarxeta Benvida nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024.

Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para a instrumentación da axuda económica establecida na orde reguladora das bases pola que se rexerá a concesión da dita axuda económica, a través da tarxeta Benvida, no ano 2024.

3.1.2024

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Aldeas Infantiles SOS Galicia, para a promoción e o apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento durante os meses de xaneiro a abril de 2024 por parte da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, das actuacións que Aldeas Infantiles SOS Galicia desenvolve para promocionar e apoiar o acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.

11.4.2024

126.364,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, a Fundación Meniños e a Asociación Arela para o apoio terapéutico e educativo aos nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección leve e ás súas familias nas comarcas do Barbanza e o Salnés, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento durante os meses de xaneiro a abril de 2024 por parte da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, das actuacións que as entidades Fundación Meniños e Asociación Arela desenvolven para facilitarlles aos nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección leve e ás súas familias apoio terapéutico e educativo coa finalidade de evitar situacións de desprotección grave que deriven na súa entrada no sistema de protección, evitando a separación do/da neno/a da súa familia.

23.4.2024

235.728,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector para a promoción da integración sociolaboral e o apoio no tránsito das persoas mozas en situación de vulnerabilidade a unha vida adulta independente e autónoma en zonas non urbanas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención, ao financiamento durante os meses de xaneiro a abril de 2024 por parte da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, das actuacións que o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector desenvolve para favorecer, a través do seu acompañamento ocioeducativo e da súa formación e inserción laboral, o tránsito das persoas mozas en situación de vulnerabilidade a unha vida adulta independente e autónoma nas contornas demograficamente desfavorecidas.

23.4.2024

165.470,40 €

Acordo de prórroga para 2024 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, a Fundación Meniños e a Asociación Arela para o apoio terapéutico e educativo aos nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección leve e ás súas familias nas comarcas do Barbanza e o Salnés, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Acordar a prórroga da concesión directa dunha subvención ao financiamento durante o mes de maio de 2024 por parte da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, das actuacións que as entidades Fundación Meniños e Asociación Arela desenvolven para facilitarlles aos nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección leve e ás súas familias apoio terapéutico e educativo coa finalidade de evitar situacións de desprotección grave que deriven na súa entrada no sistema de protección, evitando a separación do/da neno/a da súa familia.

30.4.2024

58.932,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2024 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Aldeas Infantiles SOS Galicia, para a promoción e o apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Acordar a prórroga da concesión directa dunha subvención ao financiamento durante o mes de maio de 2024 por parte da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, das actuacións que Aldeas Infantiles SOS Galicia desenvolve para promocionar e apoiar ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.

30.4.2024

31.591,15 €

Acordo de prórroga para o ano 2024 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector para a promoción da integración sociolaboral e o apoio no tránsito das persoas mozas en situación de vulnerabilidade a unha vida adulta independente e autónoma en zonas non urbanas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Acordar a prórroga da concesión directa dunha subvención ao financiamento durante o mes de maio de 2024 por parte da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, das actuacións que o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector desenvolve para favorecer, a través do seu acompañamento ocioeducativo e da súa formación e inserción laboral, o tránsito das persoas mozas en situación de vulnerabilidade a unha vida adulta independente e autónoma nas contornas demograficamente desfavorecidas.

30.4.2024

41.367,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa de persoas maiores nos centros de maiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

O establecemento do marco de desenvolvemento do Programa de persoas maiores da Fundación La Caixa nos centros de maiores vinculados á Consellería de Política Social e Xuventude a través do cal a Fundación La Caixa pon ao dispor dos devanditos centros un elenco de actividades formativas e proxectos sociais dirixidos ás persoas maiores usuarias destes centros.

6.3.2024

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos para o financiamento do proxecto Aulas Sénior de Galicia para o exercicio 2024.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención á Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, destinada ao proxecto de actuación das Aulas Sénior de Galicia para o exercicio 2024.

17.4.2024

190.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación para o exercicio 2024.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade do mantemento da federación e dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzheimer residentes en Galicia.

24.4.2024

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun programa experimental de intervención con enfoque transdisciplinar e segundo a metodoloxía de atención integral e centrada na persoa para persoas con discapacidade.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración para o desenvolvemento dun programa experimental de técnicas, protocolos, metodoloxías e terapias novidosas existentes para a adquisición do coñecemento necesario para a posta en marcha do futuro Centro de Coidados Intermedios Públicos de Galicia.

1.2.2024

470.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, para o cumprimento do Plan Corresponsables, das accións da Federación destinadas ao establecemento de mecanismos de recoñecemento da experiencia de coidado non profesional que habiliten o acceso ás bolsas de coidado profesional, cando o desenvolvemento estatal o permita, con especial atención á situación de mulleres maiores de 45 anos.

21.3.2024

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra (Femupo) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, para o cumprimento do Plan Corresponsables, das accións da Federación destinadas ao establecemento de mecanismos de recoñecemento da experiencia de coidado non profesional que habiliten o acceso ás bolsas de coidado profesional, cando o desenvolvemento estatal o permita, con especial atención á situación de mulleres maiores de 45 anos.

21.3.2024

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, para o cumprimento do Plan Corresponsables, das accións da Federación destinadas ao establecemento de mecanismos de recoñecemento da experiencia de coidado non profesional que habiliten o acceso ás bolsas de coidado profesional, cando o desenvolvemento estatal o permita, con especial atención á situación de mulleres maiores de 45 anos.

21.3.2024

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres do Rural da provincia de Lugo (Afammer) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, para o cumprimento do Plan Corresponsables, das accións da federación destinadas ao establecemento de mecanismos de recoñecemento da experiencia de coidado non profesional que habiliten o acceso ás bolsas de coidado profesional, cando o desenvolvemento estatal o permita, con especial atención á situación de mulleres maiores de 45 anos.

21.3.2024

100.000,00 €