DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0791/2023-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0791/2023-PRE e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 15 de maio de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-PO-0791/2023-PRE

13853750

Resolución

Rúa de Vilar, 2, Braga (Portugal)

PSC-PO-0887/2023-PPM

36039814X

Resolución

Medos, 17-B, Estás, Tomiño

PSC-PO-0957/2023-PPM

78736993N

Resolución

Avenida da Florida, 121, 1º H, Vigo

PSC-PO-0008/2024-TRA

30970211

Resolución

Rúa Brito Capelo, 223, Matosinhos (Portugal)

PSC-PO-0044/2024-PPM

35304751G

Resolución

Casas, 18, Miraflores, Sanxenxo

PSC-PO-0017/2024-ORS

35304751G

Resolución

Casas, 18, Miraflores, Sanxenxo