DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32439

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 150/2024, do 27 de maio, polo que se dispón que cese José Luis Cabarcos Corral como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de maio de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Que cese como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria José Luis Cabarcos Corral, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e sete de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural