DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0087-2023 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), e é a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, Edificio Administrativo Monelo, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 15 de maio de 2024

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0087-2023 BIO.

DNI denunciado: 32815134E.

Acto de notificación: proposta de resolución.