DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de postos de traballo.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, adoptado o 16 de maio de 2024, foi aprobada a convocatoria para a provisión dos seguintes postos de traballo incluídos na oferta de emprego público excepcional da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de arquitecto técnico do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Dúas prazas de mestre do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de educador familiar do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de técnico de medio ambiente do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Dúas prazas de peóns do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Nove prazas de auxiliares do servizo de axuda no fogar do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de condutor do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de limpador do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de técnico informático do cadro de persoal laboral fixo a cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de monitor deportivo do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Unha praza de socorrista do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– Tres prazas de auxiliares do servizo de axuda no fogar do cadro de persoal laboral fixo para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre/estabilización.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Rodeiro, 22 de maio de 2024

José Luis Camiñas Vázquez
Alcalde