DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32429

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios Traída de Augas de Curra

ANUNCIO da convocatoria da asemblea extraordinaria.

Rodrigo Somoza González, con DNI ***8574**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios Traída de Augas de Curra, por este anuncio convoco para o vindeiro día 21 de xuño de 2024, na Casa de Montes de Nores (San Adrián de Cobres, Vilaboa), ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se e o caso, do que proceda:

1. Modificación das ordenanzas e regulamentos da Comunidade.

Logo da realización desta asamblea, exporase o borrador dos estatutos no taboleiro de anuncios do concello de Vilaboa durante 30 días para posibles alegacións.

Vilaboa, 2 de maio de 2024

Rodrigo Somoza González
Presidente da Comunidade de Usuarios Traída de Augas de Curra