DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32339

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 8 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN225A).

BDNS (Identif.): 762507.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciada/o ou de grao para que complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Segundo. Obxecto

Bolsas de formación que teñen como obxectivo unha formación práctica no campo da actividade comercial.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente na convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 18.800,00 €, dos cales 16.800,00 € corresponden á aplicación orzamentaria 44.06.751A.480.0 e 2.000,00 € á aplicación orzamentaria 44.06.751A.484.0.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración