DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32290

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2024 (código de procedemento PL500E).

BDNS (Identif.): 762260.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, sete (7) bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2024 (código de procedemento PL500E).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 338.775,12 €, dos cales 336.240,00 € se destinarán ao pagamento das bolsas dos lectores e 2.535,12 € á liquidación da cota patronal á Seguridade Social.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

• 1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.

• 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022 e Decreto 49/2024, disposición adicional segunda)
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude