DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 24 de abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150082494 e seis máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notificaranse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta dirección territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Transcorrido o prazo, no caso de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no BOE.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, e o Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

A Coruña, 24 de abril de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150082494

76514969H

Requirimento de documentación

13.3.2024

150009312

32829062N

Requirimento de documentación

5.2.2024

150016914

46901223Z

Requirimento de documentación

30.1.2024

150027723

54156557K

Requirimento de documentación

27.11.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150017820

47374047G

Requirimento de documentación

8.1.2024

150055622

47435658K

Requirimento de documentación

23.11.2023

150078923

35243847G

Requirimento de documentación

2.11.2023