DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 24 de maio de 2024 Páx. 31336

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 16 de maio de 2024 polo que se dá publicidade da resolución de esa mesma data pola que se convoca concurso público para a elaboración de bolsas de emprego para a cobertura de necesidades docentes sobrevidas, urxentes e inaprazables mediante a contratación de profesorado substituto.

Esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polos artigos 50 da LOSU e 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, fai público que, por Resolución do 16 de maio de 2024, convócase concurso público para a elaboración de bolsas de emprego nas áreas de coñecemento que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución en previsión de que resulte imprescindible cubrir necesidades docentes por razón de causas sobrevidas, urxentes e inaprazables.

A relación de bolsas de emprego convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/126375/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/bolsas-emprego

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/bolsas-emprego

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (R.R. do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado