DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 24 de maio de 2024 Páx. 31350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán Cangas II, no concello de Bueu, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/326-4).

A instalación denominada substitución apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán Cangas II foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 27 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 4 de xullo de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Bueu.

A persoa interesada recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse no seu predio, informándoa de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 30 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Substitución apoio 65 da LAT 66 kV Lourizán Cangas II

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36004A036005880000QS

Esculca

Descoñecido

65N

5,06