DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31078

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024 pola que se anuncia o acordo do Pleno de publicación de cinco informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e a publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, con data do 29 de abril, dos seguintes informes:

– Informe de fiscalización sobre as contas anuais das sociedades mercantís autonómicas [1632019-02].

– Informe económico-financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2022 [1902023-01].

– Informe de fiscalización da conta xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2022 [1802023-01].

– Informe de fiscalización da asistencia sanitaria con medios alleos na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras [1802023-04].

– Informe de fiscalización da conta xeral da Comunidade Autónoma, exercicio 2022 [1602023_01].

Ligazón para acceder aos textos completos dos informes:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia